luns, 1 de agosto de 2016

Var(e)ada!

Despois da encalmada monumental do sábado quedamos con morrinha de navegación. Tanta, que combinamos o domingo para dar un par de voltinhas. E por aí saíron ao paseo a Nova Marina, a Peça de Rabo e a Salgharita.

Mimá, tremendo temporal de vento!!
Unha tardinha como a do sábado, máis pendentes de que non se quedase o vento que de atender aos trebóns... 

Cousa tranquila, verdade?

POIS NON!!


Parece todo calmo porque a Salgharita non pasou da Punta do Furado. 

Ai, da banda da ría, que catastrofe acontecía!!

A prensa, como sempre, avisou tarde!

As salgharitas e o salgharito viviamos tranquilas na inoransia, porque a Arousa, fermosa illa, facía para nós de valo protector. 

Pero pola banda do Son, xa vedes, catro, senhora, catro tremores de terra, que remexeron todos os fondos marinos de Corrubedo à Costa da Vela. 

E pillaron à xeiteira e à dorna de tope no medio do canal. Na forza máis brutal da tsunami!

A Peça de Rabo triscou a verga, porque o golpe do mar cazouna en plena empopada. 

A Nova Marina.... ai, a Nova Marina!

A onda xigante levouna directa a Espinheiro!
E aí quedou, var(e)ada perdida!

Din os dorneiros sesis que non saben que pasou. Que sairon do Areoso, de vixiar e coidar os ninhos de gavita, e que estaban a facer un cambio de vela por avante cando, de súpeto, zás, sentiron así como un pequeno estremecimento e moveuse o pau.

- Pensabamos que ighual levamos a vela con demasiada forza... 

Ai, son tan homasos que nin notaron que era un violento sismo!

O pau algho si sentiu...
Fomos á praia de Espinheiro comprobar os danos ocasionados polo terramoto...

Houbo sorte! Aínda que saiu da pía e foi para proa, non rompeu táboas.
Romper, rompen barcos, pero oe, que ben arruman os cabos!

Non había máis que facerlle: agardar à maré para remolcala e empiar de novo o pau con axuda dun bateeiro. 

Botar o risón e até manhá!
Todo hai que dicilo, os artistas safaron ben: 

Sobreviviron ao tsunami sen golpes, coa vela enteira...
...e boghando desde a outra punta da abra, alá onde o IGAFA!!
PREMIO PODRÉN!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende