martes, 30 de agosto de 2016

Festa do Mar en Combarro: actividades

Vale, vale, ir a Combarro si, mais para que? andades a preguntarnos todas através do noso servizo de consulting internáutico.

Comprenderedes que non organizamos travesías por mar ou terra, a vela ou a remolque, para despois andar só aos vermús e ás papatorias. Que va! Para iso xa están o resto das festas da Galiza sen necesidade de traballos!

Temos que aclarar que habitualmente, Concentracións e Encontros de Navegación Tradicional chegan cargados de actividades paralelas, exposicións, regatas, obradoiros, concertos, que xustifican o esforzo de ir e vir. Nisto, a xente da Reiboa, esmerouse, como todos os anos.

De toda a programación do fin de semana son tres as actividades que máis destacamos, por intensidade, beleza e interese intelectual:

1. A espionaxe tradicional    


O principal é achegarse aos pantaláns para saber que utilizan as outras asociacións para que as súas embarcacións naveguen mellor que as nosas. E sen que se dean conta, claro, que nunca imos admitir diante doutra asociación, mesmo estando na FGCMF, que navegan mellor que nós. Porfavorinho!!

Ti fai coma quen mentres eu lles miro o choio

Ah, eles conectan o balancín co pistón usando un as de guía....
- E colocan os amortecedores na cornamusa de meo!
- Pois nesta traínha de ir às patacas tenhen o cárter de aluminio anodizado!
- Pero mira, dáslle así un nada co pé e desestabilisa!

- Caralha! Esta aínda vai con freo de tambor!!
Moitas ideas trouxemos para a armada da Arousa!

2. Ganhar regatas a remos


Si, é algo que facemos moito na ENT Dorna, porque somos así...

Conversa 1: 
- Oe, en Dorna tinhades que meter alguén na Regata, ouh, que anda o Anxo de Portonovo reclamando o premio por adiantado... Como sempre ganha el...
- Tranquilo. Este ano non ganha, que venhen os nosos piraghueiros. Non é por presumir, é que sempre que van, ganhan... 

Conversa 2: 
- Imos ao café. Avisade cando comece a regata!

Café Café Café Café Café Café Café Café Café Café Café Café

- Ei, que é aquilo que se ve alí? 
- Onde?  

- Alí, virando na boia!
- Merda! É a reghata! E van primeiros os piraghueiros! 
- E ninguén avisou!

E por iso non podemos contar como foi o comezo... Faláronnos dunha dunha buceta traveseira, que só navega en diagonal, mais non sabemos moito do conto....

Alá no fondo, os bandalhos librando da buceta...
... e que desta vez, Anxo non ganhou....

Luis, onde estás, que non recolles o premio!!

3. Ver embarcacións tradicionais


Quizás a actividade mellor que podemos facer: gozar da variedade de tipoloxías e fasquías que temos no patrimonio marítimo galego. 

Unha actividade de balde, ademais ;)
A Bicoca saíndo ao paseo...
Velas de relinga e velas cangrexas
Dando a volta a Tambo...
... ou abrigadas no pantalán
E sempre voltar a ver a xoia da coroa (para nós, claro)

Patrimonio marítimo entre destrucións marítimas
Que pena que o Ave de Paso tenha de fondo a Celulosa e o recheo ilegal do Porto de Marín... Nós a coidar do noso patrimonio e aquelas que nos gobernan a destruilo... En fin!

Para iso están Concentracións e Encontros!

2 comentarios:

  1. Neste album tendes fotos dos boghadores https://m.facebook.com/AReiboa/albums/1263065170384010/

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende