domingo, 31 de xullo de 2016

XXXII Volta à Arousa: VIRÁTION GO

Así vos foi a cousa hoxe: unha modernidá. Tantos anos dando Voltas ao Mundo que xa nin emoción sentiamos. Era así como un deixarse ir, un non querer facer, un pois se hai que facer faise, pero nada máis. E foi por iso, por recuperar a ilusión dos primeiros tempos, que mudamos a organización da regata. E montamos a primeira 

VIRÁTION GO: à caza do vento!


Cada dorna foi equipada con un móbil e un ghipiese (todo pagho pola Fundasión Desportiva Munisipal). Através do google of the sea debiamos localizar os ventos alí onde nacían, batallar con eles e adestralos para chegar en tempo á meta...

Instalando o aumentador de realidades nas dornas
E alá saimos todas. 

Comezaron a chiar os móbiles todos, piii piii: no Terrón, no Terrón!! Seique hai alí un lestánder, o típico vento de auga!!

A ver quen tinha sorte e cazaba a primeira airexa...
Chegadas à boia de desmarque, máis pitadas: para o Cabodeiro, para o Cabodeiro, que anda por alá um virasur!! 
- Eu non vexo vento ningún...
- Prende o ghipiese, ouh!!

E parece que todas deron pillado o lestánder!
 Chegados ao Cabodeiro, demos com um ximnasio de Nortachus e case todas as dornas puidemos avanzar varias pantallas e facernos con VIRARRISES, a arma letal contra os VIRÀTION. 

- Na punta de Barbafeita!!
- Que?
- Un ventalto!!
- Con ese coidadinho, que é dos ventos traidores!!

Prepara o Virarrises, que o temos na pantalla!!
E xa está. Acabaran as fotos. O que veu despois e inenarrábel! Nin un VIRATION no que quedou de regata. Como o xogo estaba en versión BETA e os patróns non dominan isto do desenvolvemento de xogos virtuais, acabaran as fichas.

- No Galinheiro, no Galinheiro!! Seique alí hai un surinhor!!! 
- Imos TODAS!!!
- Imos! 
- Imos!

E fomos.  

Onde o surinhor, onde??!! [Foto de Wendy Carolina]
As 40 dornas da regata a dar voltas arredor do faro, padiante e patrás, a babor e a estribor, avante e darrecú. E venha a buscar VIRÁTIONS e venha a pillar encalmadas e maré viva... 

- Por aquí non hai!  -Pois por aquí tampouco!! -Mirai alá!! [Foto de Calisto]
- Por alí resopla!! [Foto de Wendy Carolina]
- Cala, ouh! Que iso é unha balea, non un gharroander!!

Para centos de estratexias deu o tempo de espera...

- Cambia e vela, para cando entre o nortachu! [Foto de Wendy Carolina]
Para nada!

Nunca tal se viu nunha Volta à Arousa. Nin na wiquipedia aparece artigo de tal cousa: despois de máis dunha hora agardando por un vento, un calquera, un lestánder, un virasur, un nortachu, un ventalto, un gharroander, mesmo un surinhor, a organización deu orde de remolcarnos a todas e dar por acabada a regata.

Baixando velas e paus, ains!! [Foto de Wendy Carolina]
A Chíscala estaba ben contenta:

Chegou por diante da Betty Boop! [Foto de Wendy Carolina]
Ala, en fileira e para a casa!! [Foto de Calisto]

É o que tenhen as modernidades. Onde esté a tradición que se quite a realidade virtual!!

Só deu chegado a terra e en vela a Pereka, declarada por unanimidade única vencedora desta XXXII Volta à Arousa

Xa o dixo a poeta: 

tomo terra após looooooonga travessia
por este oceano que aninho dentro

Que camisola bonita desenhou David da Raposa, oe!
 é dicir, sen tanta reviravolta cos palabros e os metaforos: cacho calma podre pillamos!!!

Menos mal que as sardinhas agardaron por nós!!
E os pinchos bocadillos de nocilla!!
Iso si: baixado o sol, cheghou, por fin, a virasión!!
E recollido todo, até a XXXIII Volta à Arousa!


Por se non reparastes, hai fotos novas. Unhas son de Calisto. Outras de Wendy Carolina.


2 comentarios:

  1. A camisola é bem bonita!
    Parabéns desde o Lajareu, que passamos umha boa tarde.

    ResponderEliminar
  2. Escachei coa risa con esta crónica...
    tedes unha retranca que dios vola conserve!
    Felicitacións polas fotos especialmente a Wendy Carolina, hai algunha para enmarcar.

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende