venres, 24 de xuño de 2016

IMPORTANTE: ADIADA a XXXII Volta à Arousa

Levounos media tarde decidir. 

Xa onte acordáramos sair hiperpuntuais e para o norte, pois daban caldeirada de vento para o final da tarde e era bo que nos pillase bolinando ao abrigho da ponte... Tamén acordáramos que às oito en punto comezaba o remolque de dornas, para evitar sustos...

Porén, hoxe, cada hora que pasaba, o wendigurú empeoraba a predición... 


e na praia da canteira non se paraba. 



Se para manhá daban máis vento, mimadrinhaquerida!!!

Así que, sentíndoo moito, cancelamos a saída noturna para facernos con xoubinha fresca do xeito, chamamos à panadaría para desencargar o pan, gardamos as camisolas a bo recaudo, e xa avisaremos, porque 

A XXXII VOLTA Á AROUSA NON SE CELEBRARÁ MANHÁ.


mércores, 22 de xuño de 2016

XXXII Volta ao Mundo

E non temos nada máis que dicir...

Ai, si: que o cartaz é de David da Raposa.