sábado, 5 de marzo de 2016

obxectivo: 17 de maio

Xuntáronse catro un día,
@s mellores deste barrio,
rifaron todas as dornas
e argallaron o traballo.

Van as dornas ainda sen pintura,
van as dornas sen revisar fendas,
van as dornas se arranxar quillas,
ai, meudeus non cheghamos alá!

Pois iso, que ven a tempada a todo meter, e nós así, con estas dornas. Por iso, onte xuntámonos catro ghatas no Naval, ese lugar, para tomar decisións e organizar as tarefas cun obexctivo claro: o 17 de maio, FESTA!!

Primeiro eramos poucas...
Despois xa fomos máis...

Como sempre, comezaremos por traballar nas embarcacións grandes e de todas para depois cadaquén dedicarlle o tempo à súa dorna particular. 
E como disque para a semana está bo tempo (disque, que Meteogalicia non concorda), habedes saber que as tardes que estean se chuvia andaremos polo varadoiro do Chufre traballando no Rei do Mar e os seus paucinhos (hai que destonalos). O galeón ten que estar de volta no mar neste mes, polo que temos que apurar a reparar táboas podres (carpinteiros encargados xa hai), rascar e pintar. 

E venres e sábados comeza a acción no Naval: xa sabedes, desde às 17.00 para traballar igualmente. Se non chove no Rei e se chove nas Nova Marina, Peza de Rabo e Salgharita, que están a cuberto. 

A que xa está pronta e alistada é a dorna que o 17 de maio vai tocar auga ao son do Himno do Antigo Reino da Galiza. A Chíscala xa saiu de Aguinho e chegou à Arousa e onte todo eran admiracións e consellos para Xusto:
- tes que darlle tres capas máis de alquitrén. 
- sácalle a tapa que lhe queda mal.
- non se che ocorra darlle máis alquitrén.
- e esa noz, quen raios a fixo así?
- é mellor que a pintes de neghro...

E así todo. 

Admirada por todas? Por todas todas, non!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende