sábado, 16 de xaneiro de 2016

Sol no ceo, barcos ao enxoito

Marchou o temporal, limpouse o mar nas mallantes, adozáronse as táboas todas das dornas e 

saiu o sol!


E cando sae o sol, e é inverno, nós pomos as embarcacións a secar, a limpar, a rascar e a pintar. Só que o galeón é un pouco ghrande para movelo así, ao brutallán da forza humana. Menos mal que temos na Arousa o travel máis ghrande do universo (da redonda, cando menos) e podemos levar e traer o Rei do Mar aonde nos pete (petounos perto, no varadoiro do Chufre). 

Non sabemos se de estar tanto no mar ou de choverlle tanto seghido por cima, mais a verdade é que o Rei non estaba moi ben estes días...

Tinha un cuelgue fino!!

Houbo que darlle unhas boas freghas para relaxalo...
E unha boa ducha de hidromasaxe...


E preparar todo para tombalo na padiola, decúbito supino perdido.
Visto así, até parece pequeninho...
E aí quedou, entre os cons, a tomar o sol...
Agora toca reparación e mantemento. Iremos avisando cando toque (se herr direktor non convoca enriba da hora).



Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende