luns, 27 de xullo de 2015

Tardes no Bao: se (hai) mexas non navegues.

Acabados os XII Encontros de Embarcacións Tradicionais, a vida na ENT Dorna volta á normalidade. Cursos e paseos entresemana e Regatas e Eventos nos fins da idem. 

Este xoves pasado a rotina re-instaurouse e sacamos as embarcacións grandes a dar un paseo. Entraba unha borrasca e a tarde foi parecéndose un pouco àquela da Manife Marítima do Areoso: da case calma ao vento fresco. Tomamos un ris e non pasamos do Campelo. Ordes do dire (e da caghona da blogueira)!!
Non vos fixemos fotitos, porque como o nível de medo era 6 sobre 10, non tocamos o móbil. (non nos fiabamos nada do patrón nin do patronsinho).

Cando voltásemos da navegación as instrucións eran claras: varar os barcos.

Os barcos instalándose ao Bao.
Si, ESE barco é o Rei do Mar, por se non o sabedes.
[E non. Non é que a blogueira meta os dedos onde non debe...]

Os barcos quedaron varados porque necesitaban unha boa limpeza.

Pois a verdade, moi porcalleiros non parece que estean...
E chegou o venres. E a tarde estaba un pouco murcha.

E non navegamos. Limpamos.
Ai va! Como está a obra viva!!
- Déalle, abuelo, que vai ben!
Os barcos, antes de ir ao Cabo de Cruz, non estaban así. Que raios sementades na banda do mar? 

A Peza de Rabo tamén estaba bonita...
De mexas estaba cheos os barcos. algunhas nunca tal víramos.
As mexas foron da madeira para a praia... :(
Seique andan sempre nas bateas, sobre todo os anos en que a auga está máis quente. E cando os mexillóns máis estercan, suponhemos. 

E acabou a tarde, e os barcos dormiron limpinhos...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende