mércores, 22 de xullo de 2015

Encontros no Cabo 3: da calma à tempestade.

E correu a nova por toda a Arousa e o sábado de manhá xa o bar Porto estaba cheo de xente que facía a mesma pregunta: - Hai sitio na motora?
Se dous días máis duran os Encontros, temos que cobrar billete... Mesmo desde Madrid chegou Elías, só por facer o travesinho!

Ides para o Cabo? -Imos!!
 E no Cabo ninguén durmiu. Entre o concerto de Treixadura, que algún esqueceu o saco no galeón e a distancia à que estaba o camping, o resto da expedición dorneira optou por durmir na rampla toda a noite e agardar alí a nosa volta.

Moito nos botaron de menos!
E outravolta a repartir tripulacións! E outravolta sairmos ao mar! Viva a naveghasión tradisional!!

Un monte de paus decora o Cabo da Cruz.
Un monte de paus que se move e despraza...

O Republicano foi o primeiro...
A manhá estaba moi agradable, solleira, con un ventinho que permitía navegar a todas as embarcacións: grandes, pequenas, expertas e podréns. Así dá ghusto.

Procesión tradicional...
 A Peça de Rabo demostrou ser a mellor navegadora de todas. Mentres o resto de embarcacións daban unha voltinha à abra, nós andabamos de diante para atrás para poder achegarnos e non sacarlles tanta distancia. e nada que demos tres voltas, cando o resto deu unha. 

- Xuro que non vexo ninghún barco... - E non será que miras para onde non é, papaxán!
Fe em Deus, Fe em Deus, pois non é tan grande a Fe em Deus...
E à volta da navegación, a calma, a maldita calma.
Menos mal que levabamos boghadores a bordo!

Durante o xantar a conversa era a mesma: con esta solleira, pola tarde navega Rita! Como non acabe a calma, eu non saio! Con esta calor, no mar é morrer! Porque vós nas fotos non o vedes, pero ía unha calor sahariana polo menos. 

E nesas estabamos cando quedamos às cinco...
[Entretanto, no Presioso, volvían ter problemas co motor. E alá andaban os expertos maquinistas todos, a ver se daban feito bo del]

Trata de arrancarlo, Luís, trata de arrancarlo!

E mentres agardabamos, chegou.
Quen? O Vento. O vendaval. Queriades frescura? Tomade aire! Cada vez os refachos eran máis fortes. 

Os primeiros en voltar a terra: o lastre seique non era abondo...
O resto dos barcos voltando a porto.
Moito traballo tiveron as planeadoras de apoio!! E a Sapiencia, perdón, Sapeira sufriu o seu primeiro percance de tempada e ficou sen cana...

E como no duro inverno: frota amarrada!
Xa que non navegamos, andamos un pouco por terra... E xa que iamos marchar na motora...

que mellor que ver o ensaio de Radio Cos!
 ...Antes do concerto no Rei do Mar
[Porque como o Adelino Manuel seguía doente e o noso galeón é máis grande e espacioso, pois o concerto que Guilherme e Bastardo ían dar no Presioso, trasladouse à nosa coberta]

Que comece xa, o público vai marchar!!

Guilherme cantando...
...ou é Bastardo?
 Acabado o concerto, e depois de cear, de volta para a Arousa na motora. Media expedición quedou nos bares, mais iso que volo conten elas. E na motora de volta, o máis melhor destes Encontros:

Navegar o mar da Arousa na noite. Fermosura!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende