domingo, 31 de maio de 2015

noites alegres, mañás tristes

Nestes días, pasada a Festa das Letras, as xentes da ENT Dorna andamos a preparar as nosas embarcacións, que chegan aí, xa á volta da esquina, as primeiras regatas

Rascar, lixar, pintar, eran as tarefas previstas. Mais este venres, na solleira da tarde, as cousas foron diferentes. Foi abrir o portalón e chegar a nós o arrecendo dos problemas. Algo estranho notamos no local do Naval. As dornas non estaban ben. Nunca antes, nin sequera nos Encontros, as viramos así...

A Onza abaneando a unha banda...
A Sapeira a outra...
A Carminha tampouco se tinha en pé...
E a Bandalla, case quilla arriba!!
E si, con visión borrosa, moi borrosa...
Até os temóns andaban agharrados às columnas!
Tivo que vir o Doutógrafo para analisar as probas, caer da burra, e facer o diagnóstico.

- Ai, paponcinhas!! Como se nota que non facedes gardas de urxencias os sábados à noite...

- Eló non vedes os restos do botellón?!

- E as botellas baldeiras de augardente?
- O pipote sen unha chica de vinho?
- Os restos da coctelería, dos gintónis con cardamomo?
 Están todas bébadas, Sue Ellen!!

Algunha até deixou os restos do manghito e o balde para poder beber e ir ao cambio a un tempo!

Ai, Pedra, Pedra!
A cousa non é para rir, porque as dornas, é evidente, non saben beber. Tenhen o umbral de perigo máis baixo aínda que unha adolescente, e como saben velear con vento fresco e com refachos do quince, hala!, pensan que un grolo máis non fai mal...
E claro, despois somos as adultas as que temos que arranxarlles as resacas, con aspirinas e café cargado.

A Javiota recibindo unha masaxe recuperadora e tonificadora...
Un dos casos máis graves foi o da Soínha...

Así a encontramos, quilla arriba e ghomitando....
Houbo que levala a un box entre todo o persoal hospitalario...
...e facerlle un bo lavado de estómago. 
Pero o caso que nos espantou a todas foi o do bote polbeiro...

Estaba xa desfalecido, en parada cardiorespiratoria!
Rápido, rápido!! Desfibrilador!! Placas a 200!!
Ai, ai, ai, que hai que saber beber!!! 

E se bebes, non navegues!


domingo, 17 de maio de 2015

Festa das Letras, Dornas ao Mar!!

Que día bonito tivemos para celebrar as letras e inaugurar tempada!!

Como todos os anos...

Amarramos os barcos....
Ostaghamos as velas...
Axudamos a montar o posto da Libraría Castelao...
E preparámonos para festexar que temos unha cultura viva, digna e exemplar!

Luz chegou e xa sabía algo dunha pequena sorpresa.
As bailadoras da ACD Dorna foron chamando pola xente...
...que se foi xuntando no Cantinho.
Tinhamos dúas fermosas dornas para botar abaixo.

A Pancha
E a Orval, cheghadinha da banda meca do mar.
Todo estaba a punto.

Mesmo as brancas velas...
Só faltaba ter unha maré propicia para non facer o lanzamento de dornas do ano pasado. Así que o presidente deu orde de facermos tempo...

...falando de Filgueira Valverde. 

E claro, tivemos que contar que si, polígrafo moito, mais tamén censor, expurgador, depurador de mestras, alcalde e procurador en cortes franquista. E na ACD Dorna non podemos festexar tal cousa. Así que decidimos mudar o senhor Filgueira por Luz Fandinho, poeta viva, digna e exemplar, que para nós simboliza moito mellor o que entendemos por facer unha Festa das Letras

Non sabe herr direktor o que fixo deixando no micro à blogueira...
Luz recibindo a homenaxe das xentes da Arousa.
Mais a maré non acababa de subir...

Houbo que tirar do poeta. Anxo Angueira falou para apresentar o seguinte convidado.

E había un senhor por aí que non sabemos quen era ;)
O senhor que non sabemos quen é e Xurxo Souto ;)
Xurxo contou para nós contos do mar de Irlanda. Falounos dos guerrilleiros da FRELIMO e da Cona da Vella, alá por Ons ou por Arán, quen sabe. 

E sobre todo, fixo medrar o mar en terra!!
E chegou, por fin, a maré propicia. 

Ao ritmo do Himno do Antigo Reino...
Foron indo...
...as dornas...
...e as velas arriba.
Medre no mar!!
Que repoludos ghaiteiros!!
E, para acabar, nós tamén navegar!
NON NON NON 

Nunca acaban aí as festas.

Sen unha looooonga sobremesa...
...coa homenaxeada viva, digna e exemplar.

Algunhas imaxes son da blogueira, outras de Débora e outras de Illa Natura. E como había tanta cámara na festa, agardamos que vaian chegando vídeos e pilículas. 



sábado, 16 de maio de 2015

Que xa está aquí o Día das Letras!!

A ver se temos tan bo día como o ano pasado...

Como todos os anos, inauguramos tempada: viva!!!

Manhá, 17 de maio, no porto do Cantinho, as embarcacións grandes da ENT Dorna, e as cantadoras, tocadoras e bailadoras da ACD Dorna, agardan por vós para celebrar que temos unha cultura viva e unha lingua feliz.

Ao cadrar en domingo o Día das Letras pasa a ser algo así como xubilar: Ano Santo Letreiro. Por esta razón faremos algunha actividade especial levando en procesión marítima a todas aquelas persoas ofrecidas a utilizar o galego sempre, e non só para ser deputadas ou concelleiras.

A actividade comezará às 11 da manhá, hora en que o gurpo de música tradicional da ACD Dorna, despertará a toda a vecinhanza coas suas muinheiras e xotas e rumbas e pasodobles. Xa no Cantinho, despois de botar unhas bailas, falarán do que lles pete: 
  • Susana Sánchez Arins (grandisísima poeta)
  • Anxo Angueira (un poeta novo ao que estamos a darlle unha oportunidade)
  • Xurxo Souto (Un amigho de alghén que seique sacou un librinho sobre Contos do Mar de Irlanda)
A continuación recibirán por primeira vez as augas salgadas, non unha, mais DÚAS novas dornas. Como sempre, acompanhadas do Himno do Antigo Reino da Galiza

E acabaremos a manhá procesionando polo mar da Arousa, ese caminho.


domingo, 10 de maio de 2015

É só un socón e xa.

O venres o presi non puido vir, pero mandou recado:

Moito choio para unha tarde!!

Por suposto, na ENT Dorna somos moi ghiadinhas e obedecemos desde o primeiro minuto...

E mandamos o Allogar a pola Peça de Rabo.
Inchadinha, negra e sen vela...
Bota un risón, home de joma!!
Peza de Rabo varada e agardando a seca para lle pór o bitoque (iría Inacio?)

Segunda fase: buceta e bote polbeiro.
Primeiro a buceta...
Haisilver!!! Tó, vaca, tó!
O bote polbeiro é máis levadeiro...
Os barcos todos que tinhamos que subir, buuffff!
Decidimos mandar a Lino, que podía mollar os pés...
Venha que vai!!
Socatira, deporte olímpico: é só un socón e xa!
Campioas!! Demos subido o Republicano!
Levamos o racú para o local do Naval, baixamos a Mimela para librar un remolque...

...e deixamos a Larry achicando para subir a buceta...
- E imos subila no remolque? buuffff
Venha!! Que é só un socón e xa!!
Pois aghora alghén ten que achicar o Rebello...
- Eu xa achiquei todo isto, e se medides, son moitas cacharretas de dios. Eu non vou!

- Anda, vai ti...
- Si, oh, e mollar os pés! 
 -Mellor que vaia o rapaz!

Non aparecían voluntarios. Decidimos agardar unha horinha a que baixase a maré (total, o presi non estaba...)

Covardes meludos!! Menos mal que estou eu aquí!!
E Belén achicou, ela soínha, o bote polbeiro.
Venha, que é só un socón e xa!!!
E xa non demos para máis, senhor presidente. Quedou para o sábado o empanetado. E arborar a Peça de Rabo e a Nova Marina

Quedaría feito?