venres, 12 de setembro de 2014

O Areoso agarda por nós.

Onte chegamos ao Bao e eramos moita xente...

Primeiro unhas poucas...
...e despois máis e máis...
Na mallante, as dornas, o Rei do Mar, lanchas confrareiras e planeadoras de apoio. E toda a xente convocada polos Pandulleiros.

Agardando a hora cero para embarcar.
Como as da ENT Dorna xogabamos na casa, decidimos ir repartindo tripulacións en dornas e embarcacións grandes mentres agardabamos a chegada dos barcos das outras asociacións...

O Presioso dos Calmoseiros chegou a motor.
Mentres armabamos a Peça, chegaba o Komaira a vela.
E a Lavanqueira da Fasquía coa súa vela nova...
A orde: velas arriba cando mande o Rei do Mar. Ao final partimos tres galeóns, dúas dornas de tope, unha lancha xeiteira e sete dornas. Armada carcamá!!

E saimos!!
Grandes e pequenas!
A Nova Marina coméndolle as papas à Peça de Rabo.
E a Roxinha comédollas à xeiteira...
 O tempo de agarda deu para moito.

- Nenas, se nos orghanisamos, tomamos o Komaira antes de cheghar ao Areoso.

E todas rumbo ao Areoso!!

Como dicía Débora, o mar estaba presioso. Daba ghusto ver tantas velas tradicionais, TODAS da Arousa, brillando na costa. A tarde axudaba, pois en contra das predicións metereolóxicas destes días, había un ventinho agradábel e lucía o sol...

Pasando polo Cantinho, caminho do Campelo
Cousa bonita!
No Rei do Mar a tranquilidade daba para gozar das vistas... [CG]
..e do vento que ía a menos, a menos, a menos [CG].

Pasando o Campelo por terra a maioría...
...por fóra o Komaira.
Chegadas a Punta Cabalo, a calma. Saimos cara o canal para facer un último bordo antes de pór proa ao Areoso. Non houbo maneira, quedamos aboiadas entre bateas a mercé dun mar de fondo mareante...

Que presioso se vía o Presioso!
O de aboiadas era literal [CG].
Facíase imposíbel chegar ao Areoso a vela. Só darían arribado as embarcacións con motor. A decisión: voltar à praia da Canteira, remolcadas as dornas polos galeóns. O Rei do Mar veu darnos cabo à xeiteira.

Esas nubes na calma, de algo avisaban...
Collendo remolque e imaxes [CG].
Remolque feito (e esas nubes...)
Ao Adelino Manuel aínda lle funcionaba o motor...
E aquí acabaron as fotos!!

Chegadas ao Campelo de volta, o vento voltou aparecer. O Rei do Mar arriounos, armamos vela novamente... E a sufrir. 

De súbito entraron mar e vento a caldeiros. Na Nova Marina, sorteamos bateas como puidemos, e no seguinte cambio cosemos dous rises. Feita a operación, e unha vez que subimos vela, arrepentímonos de noter cosido os catro. Por que non faríamos caso daquelas nubes!!

Enfin, a volta ao Bao foi dura para todas as dornas. O Rei do Mar e as planeadoras de apoio tiveron que recoller embarcacións e traelas de remolque. O Komaira houbo de axudar ao Presioso, que quedou sen bomba de achique, para despois quedar sen motor tamén. Como iso pasou às portas do Cantinho, alí quedaron xa. O resto fomos chegando como puidemos. É dicir, remolcadas.

A Nova Marina salvada por Uxío.
A Peça de Rabo tamén salvada por Uxío.
E todas de volta para a casinha!!
Como podedes comprobar, non demos chegado ao Areoso, mais seguimos a defender a súa protección igualmente. Ademais, se leva aí máis de dous mil anos, ben pode agardar por nós un par de semanas!

Xa virán días sen tronada! [CG]


As fotos marcadas con CG son de Cleopatra a Gata, evidentemente.

3 comentarios:

  1. os nosos antergos carcamans,estaran orgullosos de ver,que cartro mil anos despois siguen no noso recordo,seguiremos a loita por-eles.....por nos.
    un pobo sin memoria historica esta condenado a mediocridade,o pobo galego mal ainda que este gobernado por idiotas non e un pobo mediocre.

    podran cortar as flores,pero non podran deter a primavera.


    pablo iglesias

    ResponderEliminar
  2. estupendo reportaxem , mais ainda se pensas que a narradora nabeghaba na xeiteira , barco marinheiro donde os aia , e despois dunha calma abafante tiveron que capear un temporal de tronada que os oblighou a coller dous rises e ainda asi vironse na obriga de tomar a desision , mais que asertada , de fondear e esperar remolque , demostrando asi a sua madures neste mundo do mar,,,,,,,pois esa mesma (a narradora)e capas de sentarse diante dunha pantalla e plasmalo coma unha aventura inolvidable,,,,grasias susan

    ResponderEliminar
  3. aventura inolvidável? um susto mui ghrande, que ainda nom me passou!!

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende