sábado, 2 de agosto de 2014

Tardes no Bao: arroases e arroasas

E mentres agardamos polo fondo fotográfico para narrarvos a regata de hoxe, vai unha de arroases.

O xoves tocaba saída con barcos grandes. A blogueira trouxo a súa panda de amigas de terradentro para que visen o que é iso de andar no mar sen motores bruantes e, para impresionalas, contratou unha manda de arroases que decorasen o mar. Para compensar o gasto, as amigas de terradentro sacaron boas fotos.

Embarcamos na Peça de Rabo ao tempo que nas outras embarcacións, a Nova Marina e o Rei do Mar, o facían outros grupos.

A Nova Marina botou vela arriba antes...

...porque a nosa tripulación era un pouco arroás...

O patrón non lembraba como ía o chicote do penol...
A trosa que vai? por proa? por popa?
(por certo: a blogueira facendo algho!)

O as de guía!! Que traballos deu lembrar como se facía!!!
Luis, Hulk, Chema, Arroasa blogueira: aprendamos!


Nudos: As de guía por sof93

Ao final demos armado, aínda que non acabaou aí a cousa. As arroasas non fixeron a revista previa da dorna e levaban unha vara de portar sen chicote. Tanto ten!!

Con levar tripulantes que aguanten o pau no sitio!!
e porfin chegaron os arroases de verdade...

que moito xogaron con nós...

Seguíannos e cruzaban dunha banda a outra por baixo da quilla. O aluguer é caro, mais quedan ben vistosos...

Así de pertinho andaban...
Aínda así, algunha arroás miraba onde non era...
E que crónicas queredes que vos faga, se nunca vexo o que hai que ver... 

A orde de her direktorr era dirixirnos até a Punta do Faro e dar volta, sempre dependendo desa inimiga insidiosa:

A néboa, que non nos deixou ir alén do Campelo.
Aínda que sí respectou a volta ao Bao. Que relax!
E acabamos a tarde, contentas as minhas amigas de terradentro da tarde que pasaron entre arroases.

Algho de medo colleron, que fuxiron en canto puideron...

As fotos son de Rosa de Cabanas e de Cleopatra a Gata.

1 comentario:

  1. Vaia, por fin confirmouse q a blogueira non é vampira nen nengunha outra caste de ser do inframundo. Sae nas fotos!!!

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende