domingo, 31 de agosto de 2014

I Volta Podrén à Arousa 3: pasando a pasante.

A incorporación da Bandalha na etapa do Faro-Areoso incrementou a porcentaxe de caracamáns integrantes da expedición podrén. No Areoso puidemos comprobar que a súa língua pasaba a ser dominante e acabamos facendo un uso totalmente diglósico do galego.
- Haaiaaohooou! -berraban da Bandalha.
- Eeeeihn hau hooooa! -respostaban da Caramecha.

E Lisa goldeneye traducía para as de fora: que din que os sigamos, que eles saben dos cons do Carreirón...

E alá fomos...
A coronela Bea puxo os seus galóns de patroa podrén
E na Sapeira seguían sen entender nada do Haoiuhou!
No Carreirón continuamos de empopada...

E chegamos a ir case todas à par...
Case todas...
O Carlos seguía a chamar por nós: hioheui! haieoiu!. Pero non ousamos seguilo.

Porque el meteuse por entre as pedras, a rente de terra...
Dobrada a Punta do Carreirón, a ponte colocouse no horizonte dos nosos ollos...

...Nela mediante.
A calma era case total e daba para espiar polo Triángulo das Verduras.
Con calma e todo, o mar dos barcos incomoda moito.
CONSELLO DO DÍA: se tedes un barco a motor, non vos metades a toda velocidade na proa das dornas. Desventádesnos e variádesnos o rumo, ai, que hai que explicarvos todo.

A Javiota facéndonos unha pasada e a Nela pasando.
A calma era tanta que a ponte semellaba non chegar nunca... Os haiouhou da Bandalha e a Caramecha rendéronse e tiraron de remos. Tenhen corasón de piraghüistas!

E as demais agardamos pola virasión, que non chegaba.
Ou si

A pasante! A pasante!
Temos que pasar a pasante, haoiohou!!

E pasamos!!
E chegamos de volta à praia da Canteira. 
I Volta Podrén à Arousa completa!!

E dornas na mallante!
Había moito ambiente no Bao ao chegarmos. Tanto medo tinhan de que deramos quilla arriba? NON! Había sorpresa!

Como Larri tomou peixe bastante no día, decidiu convidarnos a todas. Sardinhada na escola!

Non había mellor maneira de acabar o día...
Ou si



Entrada do bló patrocinada polas cocinhas Sisán da vela de Fernando Pinheiro. 
A ver se nos regalan unha parrilla pola publicidade.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende