domingo, 31 de agosto de 2014

I Volta Podrén à Arousa 3: pasando a pasante.

A incorporación da Bandalha na etapa do Faro-Areoso incrementou a porcentaxe de caracamáns integrantes da expedición podrén. No Areoso puidemos comprobar que a súa língua pasaba a ser dominante e acabamos facendo un uso totalmente diglósico do galego.
- Haaiaaohooou! -berraban da Bandalha.
- Eeeeihn hau hooooa! -respostaban da Caramecha.

E Lisa goldeneye traducía para as de fora: que din que os sigamos, que eles saben dos cons do Carreirón...

E alá fomos...
A coronela Bea puxo os seus galóns de patroa podrén
E na Sapeira seguían sen entender nada do Haoiuhou!
No Carreirón continuamos de empopada...

E chegamos a ir case todas à par...
Case todas...
O Carlos seguía a chamar por nós: hioheui! haieoiu!. Pero non ousamos seguilo.

Porque el meteuse por entre as pedras, a rente de terra...
Dobrada a Punta do Carreirón, a ponte colocouse no horizonte dos nosos ollos...

...Nela mediante.
A calma era case total e daba para espiar polo Triángulo das Verduras.
Con calma e todo, o mar dos barcos incomoda moito.
CONSELLO DO DÍA: se tedes un barco a motor, non vos metades a toda velocidade na proa das dornas. Desventádesnos e variádesnos o rumo, ai, que hai que explicarvos todo.

A Javiota facéndonos unha pasada e a Nela pasando.
A calma era tanta que a ponte semellaba non chegar nunca... Os haiouhou da Bandalha e a Caramecha rendéronse e tiraron de remos. Tenhen corasón de piraghüistas!

E as demais agardamos pola virasión, que non chegaba.
Ou si

A pasante! A pasante!
Temos que pasar a pasante, haoiohou!!

E pasamos!!
E chegamos de volta à praia da Canteira. 
I Volta Podrén à Arousa completa!!

E dornas na mallante!
Había moito ambiente no Bao ao chegarmos. Tanto medo tinhan de que deramos quilla arriba? NON! Había sorpresa!

Como Larri tomou peixe bastante no día, decidiu convidarnos a todas. Sardinhada na escola!

Non había mellor maneira de acabar o día...
Ou si



Entrada do bló patrocinada polas cocinhas Sisán da vela de Fernando Pinheiro. 
A ver se nos regalan unha parrilla pola publicidade.



I Volta Podrén à Arousa 2: o Areoso foi noso!

Acabado o vermú, decidimos continuar o noso caminho. Sabiamos que posíbelmente a mediodía viría a calma, mais levabamos bebida, comida e diversión abondas. 

A ver Avilés, vixía, venhen todas?
Pasamos o Faro...
Pasamos a Area da Secada...

E xa!
Porque à altura do Con de Tres Pés a maré traballaba máis que o vento.
A coronela puxo ao podrén a boghar...

E fomos indo...
CONSELLO PODRÉN DO DÍA: que facer cando hai tanta calma e toca empopada?

Nada mellor que a colada!!
E así demos chegado ao Areoso, segundo obxectivo!
E botamos fora os poliéster ocupando a praia toda.
Foto de grupo para herr dire con Luis ensinando a súa tatuaxe carimbadora.
E si, puidemos xantar traquilamente às cinco da tarde...
Xa dixemos que era unha volta slowly...

Algunhas era a primeira vez que podiamos estar no Areoso. E, aínda que a maré xa non deixaba ver todos os restos arqueolóxicos, si fomos ver o dolmen...

Ou mellor, como o mar come o dolmen dun día para outro.
CONSELLO PODRÉN DO DÍA: senhores toristas, excusades construir chorradas con pedras que xa imos nós e as deconstruimos.

Isto non é un dolmen. Fora!

Dío máis clarinho o Bichero:


Despois de contribuir con ben à conservación dos espazos naturais e arqueolóxicos galegos, tocou recoller e marchar... Quedaba media volta!

A realidade: Areoso, poliéster e dornas.
A utopía: Areoso e só embarcacións tradicionais.
Esta marabilla compositiva debemos agradecerlla a Débora, que tivo especial cuidado de que as dornas da I Volta Podrén foran todas negras. Viva o estilismo!

E preparámonos para partir...

A chicabond desamarrando a vela...

...e saimos de volta ao Bao. Igual non somos tan podréns...





I Volta Podrén à Arousa 1: saimos!

A Volta à Arousa deste ano foi de vento fresco e mar mexido. Algunhas podréns non demos acabado a regata, e quedamos coas ganhas no corpo. A alegría de pasar o Galinheiro, o alivio de cruzar a pasante, cousinhas às que lle tinhamos querencia... 

Así que decidimos facer este venres pasado a I Volta Podrén à Arousa, consistente en darlle a volta ao mundo, si, pero slowly, amodinho, con calma. E calma tivemos abonda!

Quedamos no Bao às 11 da manhá. Ao final xuntamos para cinco dornas máis unha, a Bandalha, que nos sairía ao final desta primeira etapa. O resto: a Javiota, a Laverca, a Caramecha, a Sapeira e a Carme...
O vento era o xusto para unha flota podrén e para facer fotos da ruta, por iso vos divido a crónica en cachos, para compensar que non houbo imaxes da regata oficial.

Tomando grandes decisións antes de partir, quen vai con quen.
Nós soínhas, podréns de podréns, baixamos as dornas.
E comezamos a preparar todo.
Primeiro problema... A Carme, que ían levar as loiras Débora e Gabi, tinha o banco medio frouxo, medio rompido. Cando estaba lista, decidimos cambiala pola Estela, e voltar comezar.

E a pobre quedou na Canteira, sen volta podrén.
Os caramechos non aguantaban máis iso de agardar por nós.
Estamos todas? Imos aló!!

O plan era facer a Volta devagar, marcando os mesmo rumos e agardando unhas polas outras. Decidimos facer un bordo até Vilanova para desde alí pasar a Punta do Furado até chegar à primeira parada, a praia do Naso. Só que o primeiro bordo deu para o Terrón... programar éche o que ten.

Navegamos!
Às veces, cando drisas, levas coloridas sorpresas...
Algúns tardaban en entender que NON estabamos de regata...
E demos pasado o Furado, grazas à axuda da deriva, cun só cambio...

Facendo cambios na Fundación Deportiva Municipal.
Como había pouco vento, daba tempo a todo...

Non hai como un piquenique a bordo.
A que si, Avilés?
E fomos chegando ao destino...

A praia na proa. Pregunta toponímica: é a da Cova?
Os ghuapos pensaron que chegaban antes a remos, e non.
Tomando a praia, como carcamáns de verdade.
 CONSELLO PODRÉN DO DÍA: se vas botar un risón...

Amárralle un cabo, ho!!
E cumprindo o pacto, agardamos por todas para o vermú.
Todas en terra!!
O premio por ter acabado esta etapa: un bo petisco no chiringo do Faro.

As dornas quedaban ben na praia
E nós de marabilla co vermú!
Un terzo da volta feito!!

Igual non somos tan podréns...

Entrada do bló patrocinada polo chiringo do Rolo. ;)