domingo, 18 de maio de 2014

Um mar de letras 1: a Patricia

Probabelmente foi a deste ano a botadura máis dificil de todas as que recordamos na ENT Dorna. A seca acompanhounos e a auga fuxiu do Chufre como alma que leva o demo. 

O ritual é o de todos os anos, porén iso non evita que maio atrás maio, sexa emocionante. Sempre comeza o senhor director botando unha das súas parabolitas, neste caso a Parábola do Inverno Atemporalado e o Milagre do Galpón Filantrópico.

"E o ghalpón do Bao, agradecerémolo cando o vexamos, xentinhas sen fe".
O grupo de música tradicional da ACD Dorna comeza o Himno do Antigo Reino da Galiza...
E a dorna comeza a súa viaxe. A Patricia é unha dorna do trinque nacida na de Ayaso. Tróuxoa para a Arousa Fabián, e o amo quixo que probase o mar por vez primeira no día da inauguración da tempada deste ano:

.A dorna deslízase pola rampla, chamada pola música...
...e o frufrú das velas arriba.
O problema non está na baixada, non.
Se non no final da rampla... sen auga.
Facede sítio, que non collemos!!
Que dis, que non oimos?!
Trae aquí, que agharro eu!!
Ai, ai, ai, ai,...
Aí vai!!!
Salvada!!
Aparellos abordo...
E a navegar!!!

Para o ano que vén faremos como co Carme: será o día que nos pete, é dicir, cando cadre a chea da manhá en sábado às 12. Ea!


PD: as imaxes feitas desde terra son roubadas no feisbu de Fabián e de Relinga Couso.


1 comentario:

  1. xa o falamos no muelle, e tes raso'n , pos que todos os dias son dia das letras , faseremolo cando cadre toda chea

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende