martes, 8 de abril de 2014

Quen sabe que pasou!?

Na ENT Dorna temos unha ídem coa proa escangallada. Iso non lle impede navegar nin ganhar regatas (ou iso lle dixemos aos seus novos adoptantes), pero si que chama a atención o estado, nada aerodinámico do frente.

O caso é, e aí vén a graza, que non sabemos como chegou a este estado. Desde aquí non temos problema en inventarlle unha historia, e non imos falar xa dos espertos Salva e Uxío, que contan o que faga falta, pero desta vez preferimos que sexades vós as que resolvades o misterio...

Que raios pasou con esta proa?

Proa con direktorr ao fondo....
Vista detalle (e pasada de cor)
Hala, a contarnos aventuras nos comentarios!!


3 comentarios:

  1. Precisamente eso foi o que lle pasou, un raio. Xa os envirèi a sua historia, agora tenho que traballar. Gùstame saber que alguén a adoptou, eu non sei se poderei ir este veran, continuo buscando traballo cerquinha de casa, mentres contiùo en Florencia a trabalhar. Unn saùdo a todos. Esa proa è inconfundible. Qué morrinha carallo!!!. Jorge

    ResponderEliminar
  2. Tranquilo Lombos, seghuro que á entidá ocórreselle algho! Ighual che mandan unha dorniña por correo ordinario, para que, non digho en Florencia, pero en Venesia seghuro que "lo petas". Bicos a tod@s!

    ResponderEliminar
  3. joder , Jorge, unha aperta moy forte dende a illa,,,,animo chaval , xa sabes dende estamos cando volvas

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende