sábado, 1 de febreiro de 2014

Tarde destonadora

Si, polo ghuasá, polos esemeses, polo bló, combinamos para encontrarnos no Naval... Mais 
à hora acordada, portas pechadas!

A impuntualidade tamén é algo criminosa... 

E unha vez que foron abertas... non había ferramenta!

Localazo temos, e dornas para enchelo tamén!
A falta de machadas... agardar!
...e ir preparando a materia prima.
Unha vez chegada a provisón de machadas e martelos, xa puidemos comezar a traballar. Tinhamos que espabilar, porque non nos podia pillar a noite. Lembrade que o local non ten instalación eléctrica!.

Aprendendo a golpear sen tronzar.
Aínda que os picheleiros tenhen sistema propio de descascado.
Unha vez acabados os pinheiros (xa tinhamos case todo o traballo feito do sábado pasado), tocou a quenda dos alcolitros.

Á tona dos alcolitros aplicámoslle a espátula.
E volta e dálle!
Como eramos xente abonda, un grupo marchou a Vilaxoán, pois temos a mudanza sen acabar de todo. Había que traer a madeira para panas e táboas que quedaba alá.

Preparando a viaxe a Vilaxoán, como nos vellos tempos
E a tarde ía caendo...

E a luz ía a menos...
Porque ademais vinha acompanhada de fortes sarabiadas.
A proba do traballo feito, no chan!
 E no fondo do local, alleos a todo, os Javieres amarraban paus para que sequen dereitos e sen voltas.

Amarraban ás tentas, quen sabe como vai ir iso!
E coa escuridade no interior do local, acabou a sesión de traballo de hoxe.


1 comentario:

  1. pero como te queixas do horario,da falta de ferramenta,,,, e ,que estamos en dorna, que ai que falar ,non ves k ahora non nos vemos todolos dias,,,, como sodes,, traballaso e ben feito ,,,noraboa a todos

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende