domingo, 23 de febreiro de 2014

Poesia no Rei

Onte non choveu. Foi unha cousa estranha e sorprendente, mais é toda a verdade. Tamén houbo un recital poético a bordo do Rei do Mar, pero que nova é esa se coincidiu cunhas raiolas de sol? A proba, neste bló.

O recital facía parte dunha xornada sobre pesca e mar argallada polo BNG. O galeón agardaba polas poetas amarrado no Cantinho.

 
O Rei do Mar estendendo o foque para saudar ao sol.
O grupo de gaitas da ACD Dorna poría a nota musical, con rumbas e muinheiras, por se a algunha das poetas lle daba por líricas melancólicas. Que non chovía, e non era cousa de amorrinhar-nos!

Gozando da solleira mentres non chegaba a visita.
A sección musical afinando a instrumentación.
Cando chegaron as participantes na Xornada Pesqueira, antes do recitado, conheceron o noso Rei. E si, moita república, moita república, pero ben que gustaron del. ;)

O senhor director non será poeta, pero que ben explica a historia do barco...
Con música tradicional deu comezo o recital
Paco Souto rompeu o xeo lanzando versos ao ceo.
Poetas de terradentro tamén deitan versos ao vento.
E si, o vento crecía e vinhan nubes neghras ameazando chuvia...

Seguiu Marta Dacosta, que é de mar, ben que se nota.

Alberte botou uns versinhos, pequeninhos pequeninhos.
Xosé Daniel falou de Astano, que loitas as de aquel ano!

Xosé cantou às buguinas, e levaba unha enriba!

Onde haxa poesía, haberá espontáneos; a práctica confirma a teoría.
E para acabar o recital, un pouco de música tradicional....
Para as que non credes que Xosé Iglesias sexa marinheiro, deixámosvos aquí un dos seus grandes éxitos youtubianos. Así podedes facervos unha idea do que foi esta tarde, lembrade, sen chuvia!


xoves, 20 de febreiro de 2014

Isto é a ENT Dorna 1

Como sabedes, na ENT Dorna cada persoa asociada colabora como pode e co que sabe para axudar a facer da escola a escolaza que é. 

Lauro, que vive de facer fotos e reportaxes, botou medio verán perseguíndonos coa súa cámara para que as que non podedes vivir con nós a tempada de navegación, vos fagades unha idea do que facemos, do sol que vai, do pouco que chove e do ben que o pasamos no Bao...

O primeiro petisco, este: 

Proximamente máis.

luns, 17 de febreiro de 2014

Xuntanza da revista Dorna

Pero antes do 22 aínda está o 20 de febreiro. E nese día quedamos de xuntarnos por ver como vai a elaboración do novo número da Revista Dorna


Lembrade que tedes até o 1 de Marzo para enviarnos as vosas propostas, se é que non vindes à xuntanza.


Galiza, nación pesqueira

Xa temos claro que era aquel non sei que de cultural de non sei canto no que ía participar o Rei do Mar. O próximo sábado, 22 de Febreiro, o BNG organiza na Arousa unha xornada sobre pesca, esta:


Nesta actividade, como podedes ver no programa, o acto de peche será un recital poético marinheiro no galeón da ENT Dorna.

Pasádevos pola Arousa e escoitade o mar a bordo do galeón!

 

venres, 14 de febreiro de 2014

A Peça xa entra!

Desde o 18 de xaneiro que está na rampla...
Comunicamos que a Peça de Rabo xa adelgazou o suficiente para caber polas portas, o que di moito dos seus esforzos dietéticos, porque o normal sería que coa auga destes temporais enchoupase a madeira e engordase máis. Como nós nas festas.

En realidade son os ocos das portas os que anchearon. E xa podemos gardar a dorna de tope no local do Naval. 

E din os optimistas da ENT Dorna que toda a chuvia e todo o vento caerán e soprarán esta noite, de maneira que manhá à tarde van dar a tregua suficiente para mover a Peça de Rabo. Veremos!

Quedamos às 17.00 horas no Naval. Eu de vós, levaba roupa de augas.


domingo, 9 de febreiro de 2014

Efecto Qumaira

Para que ninguén confunda: non é que o Komaira abordase o Rei do Mar e provocase danos, senón que o Qumaira, esa cicloxénese/vagón-do-tren-de-borrascas/cacho-de-jet-stream, soplou de máis pola banda de babor e cargouse unha das luces de posición do galeón.

Así de de despendolado quedou o candeeiro.
Aínda que este cachinho plantou cara ao vento...
Porén, na ENT Dorna tinhamos activada a alerta laranxa, tal e como recomendaba Meteogalicia, e iso implica, seguindo os nosos protocolos, que dous carpinteiros deben estar de garda por se hai algún tipo de desperfecto urxente. E nada, nun visto e non visto, o retén desta alerta, xa estaba a traballar na nova peza.

A luminaria lista para ser colocada nas novas táboas.
O retén de emerxencias preparando o quirófano.
Así que por agora, os temporais non fixeron grandes danos na nosa flota; a ver que pasa coa Estefanía desta noite, porque o vento rolou e dá xusto no fondeo do Rei do Mar. Cruzade os dedos!.


xoves, 6 de febreiro de 2014

Concurso de ideas

Na ENT Dorna pásanos coa construción ao revés que coa navegación. Se nesta temos marinharía de sobras e faltan patronaxe para galeón, no outro campo andamos escasas de albanería experta e temos montes de tituladas. 

Así que: desenhadoras, arquitectas técnicas e superiores, gabinetes varios: comunican da Deputación de Pontevedra que para a semana sairá ao público o 

CONCURSO de IDEAS para o novo Edificio de Usos Náuticos da Arousa

Para que as expertas tenhan ideas orixinais mais acordes cos gustos das futuras usuarias, sexan piragüistas, sexan dorneiras, podedes facer peticións nos comentarios. 

A pregunta é fácil: e ti, como queres o ghalpón?

Algo clásico, estilo Verducido?
Ou mellor tipo cuncha, por se imos ao ranho?
Estilo vila sen mar, como este de Zaragoza?
Ou flotante, fondeado no lugar da Batea de Control?


Non se vos pode deixar sós...

Pero que andades a facer, Komair@s!!!

Na Voz de Galicia quéixanse de vós (desculpádelles as grallas).

 

sábado, 1 de febreiro de 2014

Comunicando!

1. Larry non quere sair nas fotos do bló, aínda que sexa traballando, pero a cambio regálanos estampas como esta: 

Alguén de físicas que explique como fai a gamela para aboiar.
2. No local falamos de futuros proxectos, mais, non podemos confirmar moito por agora: seique nos foi solicitado o galeón para o mes que ven, aínda non sabemos que día, para realizar un acto, dalgunha caste, cultural, iso si, e igual fai falta xente, ou non, para navegar, ou non.  :D

3. Habedes de saber, tamén, que andamos a negociar, aínda sen resultados definitivos, un motor novo para a planeadora, para que voe máis alto e mellor polos mares da Arousa.

e 4. e very máis importante: vai comezar o reparto de dornas de cara a tempada nova. Porque despois de Antroido hai que lixar, alquitranar, pintar... As que queirades dorna, falade con Salva. En próximas semanas, a subhasta oficial!.


Tarde destonadora

Si, polo ghuasá, polos esemeses, polo bló, combinamos para encontrarnos no Naval... Mais 
à hora acordada, portas pechadas!

A impuntualidade tamén é algo criminosa... 

E unha vez que foron abertas... non había ferramenta!

Localazo temos, e dornas para enchelo tamén!
A falta de machadas... agardar!
...e ir preparando a materia prima.
Unha vez chegada a provisón de machadas e martelos, xa puidemos comezar a traballar. Tinhamos que espabilar, porque non nos podia pillar a noite. Lembrade que o local non ten instalación eléctrica!.

Aprendendo a golpear sen tronzar.
Aínda que os picheleiros tenhen sistema propio de descascado.
Unha vez acabados os pinheiros (xa tinhamos case todo o traballo feito do sábado pasado), tocou a quenda dos alcolitros.

Á tona dos alcolitros aplicámoslle a espátula.
E volta e dálle!
Como eramos xente abonda, un grupo marchou a Vilaxoán, pois temos a mudanza sen acabar de todo. Había que traer a madeira para panas e táboas que quedaba alá.

Preparando a viaxe a Vilaxoán, como nos vellos tempos
E a tarde ía caendo...

E a luz ía a menos...
Porque ademais vinha acompanhada de fortes sarabiadas.
A proba do traballo feito, no chan!
 E no fondo do local, alleos a todo, os Javieres amarraban paus para que sequen dereitos e sen voltas.

Amarraban ás tentas, quen sabe como vai ir iso!
E coa escuridade no interior do local, acabou a sesión de traballo de hoxe.