martes 23 agosto 2016

Por un verso, o que facemos por un verso!!!

Xa sabedes que na ENT Dorna temos un Rei, e tamén sabedes que temos unha, e só unha, Santinha. A nosa Rosalía. A poetaza que máis nos inspira e máis azos nos dá para facer actividades. 

Por  uns versinhos dela levamos catro anos subindo os ríos Ulla e Sar só para darlle unha visita e saudala con todo o noso respeto e admiración. 

Que inchadinha branca vela antre os millos corre soa!
Mais non é certo que sexan estes os únicos versos da poeta que nos dan ideas. Como o patrón da Roxinha, Anxo, ademais de patronear a dorna, patronea a Fundación Rosalía de Castro, deixounos fuchicar nos arquivos e na biblioteca, e demos cunha resma de versos inéditos da grande poeta, a partir dos cales incorporamos novos matices à nosa proposta para a Subida do Río. 

Eis unha escolma das mellores estrofas que encontramos:

Que preciosírmo traballo
subir nos remolques as dornas!
Enchemos as mans de callos
mentres o Angueira nun tallo
recita e canta: Voa! Voa!
 

Que preciosísima estampa!
Quedan dornas na mallante,
Parada coloca a tampa,
na duna un sol que apampa
sae o carro: Avante! Avante!


Que seca marabillosa
nos recibe en Vilarello!
Ribeira calma e lamosa
silencio de cana verdosa
e vello o río, vello!


Risas, cantos, harmonía
e un porquinho ben feito
festas, danzas, alegría
e unha cervexa ben fría
agardando polo vento: Vento!


Porquinho, porquinho à brasa!
Agradable como un santo
alimenta e acompasa
dos rexos corpos a masa
coa febra baixo o seu manto.


Como os corpos van enchidos
à ribeira fresca e pura!
Brando río agradecido
auga trae pró cometido
cando toca a botadura.


O caminho todo é prata
serpeando polas branhas
o vento ben que se mata
en demorar a paseata...
tenos sanha o vento, sanha!
 



No Espolón todo vai listo:
de beira a beira un cabo,
que o temos todo previsto!
nin pode queimalo un misto
nin desmarralo o diabo! 
 


Chegan as dornas e amarran
entre rebrillos e palmas:
Na Arousa si que desbarran,
ben que se divirten e farran,
pensa a xente nas varandas.


Que inchadinhas brancas velas
ao son do himno revoan!
murmurantes tarabelas,
dille o Sar en torno delas:
vento, zoa! zoa!     Zoa!


Que ganinhas nos quedaron
de ver mais fotos do evento!
Na Casa do Patín colgaron
imaxes dos outros anos
quedará o Rivo contento...

se ides ao establecemento.  



As fotos son do ghuasá da ENT Dorna, sacadas polas participantes na actividade: Anxo, Mari Camen e Salva.


PD: Senhor Angueira, creo que a blogueira ganhou unha camisola da Inchadinha Branca Vela ;) 




martes 16 agosto 2016

XXVIII Regata do Bao: a crónica

O sábado, a pesar da dura semana que viviu a escola, fixemos a festa igualmente. Como iamos deixar de velear por unha caldeiradinha de vento que case nos mata! Porfavorinho!!

Como o mar é así, mobile e inconstante, o grande problema da regata era a previsión de calma. Tinhamos programadas dúas voltas ao circuito que temíamos ter que reducir a unha por falta de vento. Por iso non incluímos no triángulo pasar à banda sur da ponte. Non fora a ser...

E non foi. 

O ventinho agradábel que nunca baixou deu unha regata rápida e tranquila, perfecta para lucir técnica e dominio da embarcación. 
E foi... para algunhas. Porque o fútbol o mar é así e nunca podes dar un partido unha regata por ganhada e nunca por perdida.

I. A saída.


Xa sabedes que o que diferencia a Regata do Bao do resto das do Mundial é a saída desde terra coa vela ao lombo. Como o espazo da mallante está delimitado, os nervios xa comezan cando toca pillar sitio...

- A ver se a damos levado máis para leste...
Aí ben vos cabe...
- Ei, ese sítio era noso, aparta ese verdello de aí!!
Às catro en punto tivemos na mallante 25 dornas dispostas a probar sorte...

E demos a saída!

Había tripulacións rápidas...
...e tripulacións calmas (para que correr?)
Armando os paus e buscando a dorna máis rápida...
Armando velas e buscando a dorna máis rápida...
Por alá vai a Pereka!
Mentres as calmas seguen armando (para que correr?)
E todas foron enfiando a primeira boia, colocada no Terrón. E alá as seguimos na Trancas para comprobar que ninguén tocase boia nen fixese mal o paso... 

II. O circuito


Todas felices cara a Vilanova...
- Venha, dá-lhe a todo flispín e imos aló...
PBRRRRRRR
- Dá-lhe ouh, que aínda imos chegar máis tarde que os primeiros...
PBRRRRRRR
- A Trancas non prende...
- Ouh, ouh!!
- Igual non quedou ben da aneghasión do martes...
- Proba outra vez!!!
PBRRRRRRR

- Que!? Encontras arranxo!!
- Si: pedir axuda!

Ains, na semana apocalíptica tinha que ser! O salvamento rescatado!!

A esta distancia vimos o paso polo Cabodeiro...
16.35: Ghuasá! ghuasá! Pasade para o Cabodeiro, xuízes, que isto é un cristo!!

16.36: Ghuasá! ghuasá! Non podemos! Estamos aboiados no medio do mar! Xa pedimos tangue novo de ghas!

16:37: Pois aquí há unha dorna mui danada...

E así,

...mentres recibiamos o primeiro rescate...
...a Laverca rompía en cachinhos.
Tinhamos que tomar nota do primeiro paso pola Peza de Rabo, por se tocaba calma... 

E outra vez quedamos tiradas no meio do mar!! Non era cousa do tangue!!

A esta distancia vixiamos as dornas...
E con prismáticos vimos a Pereka marcar distancias co resto...
Menos mal que McGuyver sempre anda no mar...

E acudiu raudo cun trapinho (si, un trapo) para pór a Trancas en marcha....
A dorna máis ocupada...
Pasou a Orixes de última e xa as primeiras enfiaban a meta...

III. A chegada.


E alá fomos a todo flispín para certificar a chegada das primeiras e comprobar que varaban... A regata estaba a ser moi rápida (ou a lancha de control moi lenta) e non daba tempo a nada...
A distancia da Pereka sobre as perseguidoras era clara. Tamén pola boia do Terrón pasara primeira, às 16.50, seguida da Jalerna a Carinhosa e a Xarandeira. Estaba a realizar a regata perfecta. Tínhao todo para facerse co primeiro premio...

17.02: Ghuasá! ghuasá! A Pereka rompeu a vergha!!

Para ela tamén a semana foi apocalíptica...
A cousa quedou entre as perseguidoras. Chegando a meta, pasaron da Peza de Rabo a Carinhosa seguida da Jalerna... Só que à Carinhosa non lle daba para entrar directa entre as dúas bandeiras marcadas...

Uuuuuui, rumbo de colisión!!
A Carinhosa viuse na obriga de facer un cambio...
E aí ganhou a posición a Jalerna...
Primeiras!!
Coa praia case valeira, pois ninguén contaba que acabaran tan rápidas: unha hora e dez minutos.

E foron chegando todas...
Até as últimas...

IV. Fin de festa


E xa sabedes como acabamos sempre... Con premios...

... pinchos...
... e novas camisolas desenhadas por David da Raposa.
E para arredondar a xornada, acabando a festa e baixando o sol, cando xa todo o mundo marchaba, demos con el, por fin:

O Pokepodrén!!





luns 15 agosto 2016

O que aí vén: Rosalía Rosalía


A Regata do Bao: clasificación

Antes de contar como foi o asunto, un pouco apocalíptico, a verdade, e xa que imos algo lentas, imos dar a

CLASIFICACIÓN OFICIAL da XXXVIII REGATA DO BAO


1. JALERNA

Non vos aburrides de ganhar???
O trofeo con esa dorna de vela pasada a ferro é de José Ángel Lastres, que o elaborou en exclusiva para a nosa regata.

2. CARINHOSA

Case foi o primeiro posto!

3. XARANDEIRA

Que ten que ver o piorno coa regata? Que gardamos as dornas neles!

4. A RONA

O premio que máis nos contentou: nova xeración às portas!!

5. FAÍSCA

A Faísca, Carlos, non a Bandalha... Aparta da foto!!

6. Zenaida
7. Selosa
8. Mimela
9. Forza R
10. Maristela
11. Bandalha
12. Roxinha
13. Nova Froínha
14. Fungona
15. Trinhana
16. Acheron
17. Laverca
18. Rosalía
19. Betty Boop
20. Pedra Madruga
21. Montanhesa
22. Orixes
23. Raposa
 - Pereka
 - A Pancha



A Semana Apocalíptica 2: ai, as dornas!

Na ENT Dorna non somos tan parvas. Xa sabiamos que o panorama do mércores non ía ser bonito, mais calquera seguía traballando despois do esforzo para salvar o Rei do Mar
Quen máis quen menos durmiu, agardando que durante a noite, o temporal non desfixese a flota. 

E o mércores às 8.10 da manhá...

Andar às crebas!
9.07: Ghuasá! ghuasá! Ide vindo!! Están case todas as dornas no fondo. A Peza de Rabo e a Salgharita parece que resistiron. 

Mentres se xuntaba a xente, a apanhar empanetados, temóns e remos por toda a praia da Canteira: 

Chatarreeeeeeera!
Chegado o retén de salvamento, tocou armar o rescate de dornas. O mar seguía bravo, e as dornas anegadas. Como dixo o outro, se nos organizamos, salvamos todas!

Suso e Leguas embarcaron na Orixes de Aníbal e bogaron dos fondeos para a praia, da praia para os fondeos. Toda a manhá! É claro que esa actuación merece un premio, e até aquí podemos ler.

Buscando o risón...
Dorna que achegaban a terra, dorna que que caía en mans...
... do retén de area. Con cabo e entre varias tocaba levar as dornas à mallante.

Chegando ás virillas de faa falta...
... e mesmo máis alá!
Se non vindes vós aquí, vou eu alí!
- Esta tróuxena eu só ao lombo. Ben me chegho!
- Ai Suso, porfavorinho, non esaxeres!

Iso si! Máis riscos non! 

A Peza de Rabo, para o Cabodeiro!!
De tarde continuou o mesmo traballo: asegurarse de que as embarcacións quedasen na mallante, e as que non se puderan coller até o xoves, que vinha calma, que non sufrisen no mar. 

Ai, a Caramecha!
- Como a ves? - Boh, aínda safou!!
Ai, que gusto dá velas na beira!!

Entretanto, no Cabodeiro, o mecánico revisaba o motor do Rei. Habedes saber que Lino e Carlos, cando o levaron da praia para o abrigo, artellaron un plan para renovar a maquinaria do galeón e que non dese máis traballos: o mellor era queimalo. E puxeron empenho, oe! 
Pero nada, chegou o aviso do mecánico: 
22.31. ghuasá! ghuasá! Quedade tranquil@s! A avaría non foi para tanto! Só a caixa dos petardos, ou dos mistos, ou dos chisqueiros, ou dos fueghos!


O traballo, por ser, foi ben duro. Pero o chea que quedas despois de facelo... iso non ten pagho!

- Que miras?! Si, nós salvamos un galeón, unha planeadora e doce dornas cun cabinho de nada, si.

- E sen despentearnos!!

As fotos son de Anxo, Bea, Lino, Loli e Fernando, é dicir, do ghrupo de ghuasá da ENT Dorna